Un dos temas máis tratados por Verne foi o das viaxes. No tempo no que viviu estaban desenvolvéndose as máquinas e isto supuxo unha revolución dos medios de transporte, que se volveron moito máis rápidos. Distancias para as que se precisaban meses de viaxe podían ser cubertas agora en semanas ou días. As viaxes en globo,
en tren, en barco de vapor empezaron a ser máis populares e chegar a lugares distantes para coñecer culturas "exóticas" era máis doado.
Se queremos saber por onde viaxaba Verne coa súa imaxinación teremos que consultar atlas e mapas. Na biblioteca temos unha colección de atlas que van desde os máis sinxelos con pop-ups ata os máis complexos, so para os especialistas e aficionados á xeografía que queren de maiores ser bós investigadores. Podedes consultalos na sección de "Atlas" (CDU 912).
Tamén dispoñemos de mapas que poden ser emprestados ás aulas, e que atoparás na sección de "Cartografía".
E se estás na casa, podes entrar a consultar no apartado de "Recursos electrónicos". So tés que identificarte (número de carné da biblioteca e primeiro apelido) e podes consultar mapas coma este:Apetéceche viaxar?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
O teu comentario está á espera de aprobación. Grazas por participar.