Só tés que premer na imaxe para entrar. A webquest está elaborada por un mestre do C.E.I.P. San Walabonso en Huelva.
mércores, 10 de abril de 2013
WEBQUEST SOBRE XULIO VERNE
Se consideras que xa eres un experto en Xulio Verne podes probar a solucionar as probas desta webquest.
martes, 9 de abril de 2013
Océanos
"Océanos" é o título dunha marabillosa película documental de Jacques Perrin e Jacques Cluzaud que foi filmada en máis de 50 localizacións distintas. O proceso de filmación prolongouse durante catro anos. A película centrada na bioloxía do mundo marino reflicte a necesidade de coidar o planeta e demostra os aspectos negativos da actividade humana sobre o océano (extraído da wikipedia).
Este documental está dispoñible na nosa biblioteca, e é unha ferramenta moi útil para achegarse ao mundo que Nemo vía desde o salón do Nautilus. Poderemos disfrutar das mesmas sensacións que a tripulación do famoso submarino, achegándonos con admiración e respecto ao fabuloso mundo mariño.
luns, 8 de abril de 2013
Como é o Capitán Nemo?
Moitos dos libros de Verne subtitulábanse "novela ilustrada", porque estaban cheas de descricións de lugares marabillosos que os debuxantes desexaban representar. Se sodes aficionados ao debuxo, probablemente atopedes aquí inspiración, a través da descrición que Verne fai dun dos seus personaxes máis coñecidos: o comandante do Nautilus, o capitán Nemo.
Na marxe dereita podes buscar na "Carpeta de actividades" a ficha enmarcada onde representalo. So precisas un lápis (e unha goma para corrixir, por se acaso).
Verne e o cine
Para achegarnos á obra de Xulio Verne tamén podemos ver algunha das moitas películas que se rodaron baseándose nas súas obras. Na biblioteca temos unha boa colección:
Verne no cine on PhotoPeach
Viaxes polo mundo
Un dos temas máis tratados por Verne foi o das viaxes. No tempo no que viviu estaban desenvolvéndose as máquinas e isto supuxo unha revolución dos medios de transporte, que se volveron moito máis rápidos. Distancias para as que se precisaban meses de viaxe podían ser cubertas agora en semanas ou días. As viaxes en globo,
en tren, en barco de vapor empezaron a ser máis populares e chegar a lugares distantes para coñecer culturas "exóticas" era máis doado.
Se queremos saber por onde viaxaba Verne coa súa imaxinación teremos que consultar atlas e mapas. Na biblioteca temos unha colección de atlas que van desde os máis sinxelos con pop-ups ata os máis complexos, so para os especialistas e aficionados á xeografía que queren de maiores ser bós investigadores. Podedes consultalos na sección de "Atlas" (CDU 912).
Tamén dispoñemos de mapas que poden ser emprestados ás aulas, e que atoparás na sección de "Cartografía".
E se estás na casa, podes entrar a consultar no apartado de "Recursos electrónicos". So tés que identificarte (número de carné da biblioteca e primeiro apelido) e podes consultar mapas coma este:Apetéceche viaxar?
Quen era Xulio Verne
"A quen non lle gustaría dar un paseo pola lúa? Ou viaxar en submarino? Ou facer unha longa viaxe en globo? A todos nos gustaría, a vós e a min mesmo. Sen embargo, hai unha diferencia importante: vós xa o podedes facer. Eu, en cambio, tíveno que imaxinar. Chámome Xulio Verne, fun escritor, e para moitos, o inventor da Ciencia Ficción"
Así comeza a biografía de Xulio Verne que temos na biblioteca.
Este home chamábase Jules Gabriel Verne, e naceu en Nantes (Francia) o 8 de febreiro de 1928.
Como foi que chegou a ser un escritor tan famoso? Por que escribiu sobre viaxes, descubrimentos, seres extraordinarios, lugares inexplorados?
Que sabía el dos volcáns, das viaxes á lúa ou baixo os mares?
Se queres averiguar todos estes datos tés información en moitos lugares:
Así comeza a biografía de Xulio Verne que temos na biblioteca.
Este home chamábase Jules Gabriel Verne, e naceu en Nantes (Francia) o 8 de febreiro de 1928.
Como foi que chegou a ser un escritor tan famoso? Por que escribiu sobre viaxes, descubrimentos, seres extraordinarios, lugares inexplorados?
Que sabía el dos volcáns, das viaxes á lúa ou baixo os mares?
Se queres averiguar todos estes datos tés información en moitos lugares:
- Na wikipedia.
- Na páxina "Julio Verne", con datos biográficos, análises da súa obra, publicacións, películas, novidades,...
- Na páxina dos vernianos, a "Sociedad Hispánica Jules Verne", un lugar de encontro para todos os seguidores de Venre de fala hispana.
- Na biblioteca, consultando a biografía do autor, que inclúe unha breve descrición de cada obra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)